lunes, 26 de enero de 2015

XEOGRAFÍA

Pois tra-la Historia de España estudada no primeiro trimestre tócanos agora atacarlle á Xeografía. Mapamundis, meridianos, paralelos, escalas... Nas próximas semanas poremos especial atención ao noso continente: Europa; onde estudaremos o seu relevo, climas, poboación e economía. Imos aló!

 

En primeiro lugar aquí vos deixo un MAPAMUNDI INTERACTIVO , onde podedes atopar moitísima información interesante de todos os países do mundo.
Agora facede estes exercicios LIM sobre o noso continente: EUROPA
E aquí vos quedan dous xogos con mapas onde poder repasar o relevo de Europa. Podedes facer algunha competición entre vós...Quen é capaz de conseguir a máxima puntuación?
MAPA 1
MAPA 2
É algo máis difícil; pero tamén podedes botar a revancha da partida anterior cos ríos...
RÍOS 1
RÍOS 2

OPCIONAL!! quen queira practicar o mapa político ten aquí dous recursos:
Xogo de xeografía (tanto de Europa coma das CCAA de España)
"Trivial" de Europa

Como xa falamos na aula, para repasar o relevo de España e Galicia probade con estes mapas:
  1. O RELEVO DE ESPAÑA 
  2. A COSTA DE ESPAÑA
  3. O RELEVO DE GALICIA
  4. A COSTA DE GALICIA 



No hay comentarios:

Publicar un comentario