Pois tra-la Historia e a Xeografía toca agora o corpo humano e as súas 3 funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Comecemos xa coa nutrición:
EN PRIMEIRO LUGAR RECORDAREMOS AS FUNCIÓN DA NUTRICIÓN, POR QUÉ É FUNDAMENTAL (VITAL) PARA O SER HUMANO.
A ALIMENTACIÓN
Nesta PIRÁMIDE alimentaria podedes ver que alimentos debemos consumir en maior cantidade durante UN DÍA e cales debemos tomar tan só en moi pequenas cantidades.
1. Que nutriente contén en maior cantidade cada grupo de alimentos?
2. Analiza o menú do comedor escolar. Que nutriente é o que máis contén o menú? Por que debemos tomar tantos alimentos que o conteñen?
3. E por que debemos tomar tan poucas graxas?
4. Que significa que unha dieta é COMPLETA? E EQUILIBRADA?
5. Deseña un menú para unha semana (almorzo, media mañá, comida, merenda e cea) que conteña unha dieta sá (sá = completa e equilibrada).
6. Os nutrientes que necesitamos obtémolos dos alimentos. Pero recordas para que necesitamos cada tipo de nutriente?
7. Que cres que lle pode pasar a unha persoa que non tome nada de proteínas? e a quen non toma hidratos de carbono? e a quen non tome vitaminas suficientes?
8. Recordas que feito, relacionado coa nutrición, cambiou nos últimos 100 anos para que a esperanza de vida aumentase tanto?
9. Son sinónimos alimentación e nutrición? Por que?
10. Que cres que lle pasaría a unha persoa que se declarase en folga de fame e deixa de comer? Que feitos ocorrerían no seu corpo?
E AGORA IMOS VER OS 4 PROCESOS QUE FORMAN PARTE DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN:
1. A DIXESTIÓN
A DIXESTIÓN: VIDEO
1. Cal é a función principal da dixestión?
2. Explica todo o que lle pasa aos distintos elementos que contén un bocadillo de chourizo cando o tomamos para merendar.
3. Que diferencia hai entre o tubo dixestivo e as glándulas anexas?
4. Fai un cadro indicadando: zume dixestivo -- órgano que o produce -- órgano onde se verte
5.En que consiste exactamente un "corte de dixestión"?
2. A RESPIRACIÓN
A RESPIRACIÓN: VIDEO
1. Cal é a función principal da respiración?
2. Que gas necesitamos e para que o necesitamos?
3. Que gas producimos e temos que expulsar? Como o expulsamos?
4. Quen transporta o osíxeno aos órganos que o necesitan?
5. Algunhas substancias dopantes prohibidas no deporte fan aumentar o número de glóbulos vermellos do sangue. Que cres que pretenden conseguir así estas persoas no seu corpo?
3. A EXCRECIÓN
A EXCRECIÓN: VIDEO
1. Cal é a función principal da excreción?
2. Como eliminamos as substancias de refugo do noso corpo?
3. Que diferencia hai entre uréteres é uretra?
4. Cales son os métodos de excreción do corpo humano?
5. Que ocorre se unha persoa ten un só ril?
6. Por que no verán suamos máis que no inverno?
7. Por que temos que beber auga?
4. A CIRCULACIÓN
A CIRCULACIÓN: VIDEO
1. Cal é a función principal da circulación?
2. Que é o sangue e por que está formado?
3. Que diferencias hai entre veas e arterias?
4. Cando é o sangue máis escuro?
5. Canto tes un corte ou unha ferida, por que se cura?
6. Onde se atopan os capilares?
7. Que fai que latexe o corazón?
8. Cal é o lado do corazón que recibe e expulsa o sangue con osíxeno a todo o corpo?
9. Por que ten que ir o sangue aos pulmóns?
10. Por que cando facemos exercicio notamos ao corazón latexando máis rapidamente?
TRA-LA NUTRICIÓN TÓCALLE O TURNO A OUTRA DAS FUNCIÓNS VITAIS DOS SERES VIVOS: A FUNCIÓN DE RELACIÓN!
Esto é todo o que debes saber sobre a relación:1. En que consiste esta función?
2. Como captamos os humanos o que ocorre no medio exterior?
3. Que órgano decide na maioría dos casos como actuar e responder aos feitos que ocorren no exterior?
4. Como chega a información ao cerebro?
5. Que fai o cerebro con esa información?
6. A onde envía a súa resposta? A través de que a envía?
7. Como se chama o sistema que dirixe a función de relación?
8. Cales son as células que forman este sistema?
9. Di unha característica destas células.
10. Cales son as 2 partes principais do sistema nervioso central e as 2 do sistema nervioso periférico? Que función ten cada unha delas?
11. Que diferencia hai entre movementos voluntarios e reflexos? Quen da a orde en cada un deles?
12. O correcto funcionamento do interior do noso organismo chámase COORDINACIÓN INTERNA. Quen a realiza? Controlámos nós esta coordinación interna?
13. Pon dous exemplos de órganos quen conteñan músculos involuntarios. Di unha característica destes músculos involuntarios.
14. Que son as hormonas e quen as fabrica?
15. Cita dous tipos de hormonas, que glándula as produce e que función teñen.
VIDEO CEREBRO
VIDEO NEURONAS
E POR ÚLTIMO, PERO NON MENOS IMPORTANTE, A TERCEIRA DAS FUNCIÓNS VITAIS PARA TODO SER VIVO: A REPRODUCIÓN!
VIDEO REPRODUCIÓN
VIDEO EXPLICATIVO
1. Que diferencia hai entre homes e mulleres ao nacer?
2. Por que non se pode saber o sexo do bebé ata os 3-4 meses de embarazo?
3. Que é a puberdade?
4. Como se chaman as diferencias físicas entre homes e mulleres que aparecen a partir desta etapa?
5. Por que empeza esta etapa? Quen a causa? Que mensaxe transmiten e a que órganos?
6. Por que cres que o útero está formado por tecido muscular moi elástico?
7. Que diferencias hai entre óvulos e espermatozoides?
8. E en que se parecen?
9. Por que necesitan os homes fabricar seme?
10. Cando ocorre a menopausa?
11. Onde se produce a fecundación?
12. Como se chama a unión de óvulo e espermatozoide? Cantas células ten? Que ten que facer o cigoto para pasar a ser un embrión?
13. En que órgano vai crecendo o embrión?
14. Cal é o método ideado polo corpo humano para que se vaia desenvolvendo e crecendo o novo ser?
15. Cando pasa o embrión a ser considerado feto?
16. Que ocorre coa menstruación dunha muller embarazada e por que?
17. Cita en orde todos os pasos que ocorren nun parto.
18. Pensa e razoa: os ósos co cráneo dos recén nacidos non están aínda unidos de todo e hai espazos entre eles. Por que cres que a natureza permitiu este mecanismo?
19. Os humanos somos tamén mamíferos. De onde cres que provén esta palabra?
20. Por que algúns irmáns xemelgos son idénticos e outros non? Que ocorreu?
No hay comentarios:
Publicar un comentario