FALA O PLANETA TERRA
Cando me vexo sucio e contaminado
por culpa dos meus necios habitantes
sufro, choro e axítome enfadado.
Eu quero seguir sendo, coma antes,
o gran planeta Terra, eu que dou
montes, mares, paisaxes abraiantes,
e, aínda que en moitos lugares feo estou,
gardo vida e riquezas abundantes.
Non merezo este trato tan violento,
nin que abusedes de min desta maneira.
Se vos dou aire, acubillo e alimento,
deixade de ferirme xa, tede conciencia.
Respectade e coidade a Terra enteira,
pois son o voso futuro e o da vosa descendencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario