Mostrando entradas con la etiqueta RECOMENDACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECOMENDACIÓNS. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de diciembre de 2014

UN NADAL EN GALEGO

6ºEP BO NADAL!

Ola a tod@s.
Recoméndovos este par de direccións da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística e dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega onde poderedes atopar xogos, felicitacións, guías de lectura, receitas e distintos recursos e actividades. Paga a pena botarlles un ollo. Animádevos !!!!

FELICES  FESTAS !!!!



sábado, 3 de agosto de 2013

Repaso de Lingua Galega



Ola a todos e todas. Como vai o verán? Estades a pasalo ben? Aquí vos deixo un par de páxinas interesantes para poder traballar distintos aspectos da Lingua Galega e darlle un repasiño ao visto durante o curso. Veña, animádevos, non sexades lacazáns, que hai tempo para todo.

Recursos educativos para o 3º ciclo de E.P.

Recursos do repositorio Abalar



FELICES  VACACIÓNS!

lunes, 23 de julio de 2012

UNHA PAISAXE DIFERENTE

Lanzarote 02

“- Pero… é que estiveches na lúa?

 - Non, home, non… É que este ano fun de vacacións a unha das marabillosas Illas Canarias. Chámase Lanzarote e é un lugar…”

E ti onde estiveches? Ou onde pensas ir? Anímate e cóntanos como é ese lugar. A descrición de lugares é un dos moitos exercicios de expresión escrita realizados durante o curso. De seguro que dende primeiro ata sexto sabemos facelo. Que mellor época para practicalo! Ah!, e os de 4º, 5º e 6º recordade que temos un blog onde facer a nosa descrición a modo de comentario ou unha dirección de correo (lourdesquintoabalar@gmail.com) onde enviala. Así poderemos compartir experiencias e saber por onde anda cada un de nós. E tamén podedes enviar unha foto. A ver que guapos saídes!